Malia o incremento da natalidade en España, o saldo vexetativo continúa a ser negativo
Segundo datos do INE, en 2025 os nacementos incrementáronse por primeira vez nunha década, un 1 %.
Madrid e Murcia son as únicas comunidades con saldo vexetativo positivo, ademais das dúas cidades autónomas.
España rexistrou en 2025 un leve incremento da natalidade, cun 1% máis de nacementos ata acadar os 321.164, o primeiro aumento anual en dez anos. Porén, a suba das defuncións, que medraron un 2,5 % ata as 446.982, mantén o saldo vexetativo en cifras negativas. A diferenza entre ambos os indicadores deixa unha perda natural de 122.167 persoas, nun contexto marcado polo avellentamento da poboación e o atraso na idade da maternidade. Así, malia a melloría puntual, a dinámica demográfica continúa a reflectir un desequilibrio estrutural.
Fonte: El Boletín
Envellecemento
Natalidade
Fonte externa
Novas relacionadas