Funcións
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica terá, entre outras, as seguintes funcións:
Actuar como órgano permanente de recollida, análise e intercambio de información en materia de demografía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Recopilar e difundir información así como promover a produción de material documental.
Divulgar informes, estudos, traballos e informacións de interese temático.
Formular propostas e recomendacións para seren consideradas na configuración das liñas estratéxicas e prioridades de actuación transversais da Xunta de Galicia.
Analizar permanentemente a evolución das actuacións en materia de dinamización demográfica.
Identificar as iniciativas, experiencias, proxectos piloto, recursos e programas de referencia en materia de dinamización demográfica, e facilitar a súa divulgación e promoción.
Elaborar un informe anual sobre a situación demográfica en Galicia.
Promover foros de discusión e debate sobre a problemática demográfica.