Chantada acolle a celebración das I Olimpíadas do Envellecemento Saudable
Esta primeira edición ten como lema «O envellecemento saudable constrúese desde idades moi temperás».
A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, o Concello de Chantada, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes son os impulsores desta iniciativa.
Chantada acolle o 19 de setembro as I Olimpíadas do Envellecemento Saudable, unha iniciativa pioneira que reunirá persoas de todas as idades arredor da actividade física, o benestar e a participación social. A xornada incluirá probas deportivas e cognitivas, ademais de actividades sobre nutrición, deporte e convivencia. O encontro pretende visibilizar as persoas maiores como participantes activos da comunidade e promover hábitos saudables ao longo de toda a vida.
Envellecemento
Fonte externa
Novas relacionadas