O Observatorio de Demografía e Diversidade Xeracional de Fundación IE elaborou o informe Colaboración intergeneracional frente a los retos de la transición demográfica a partir da análise de España, Colombia, México, Perú e Uruguai.
Un informe da Fundación IE analiza o impacto da lonxevidade e do envellecemento demográfico e destaca a necesidade de adaptar o emprego, a formación e os servizos sociais a unha sociedade con máis xeracións convivindo. O estudo subliña que vivir máis anos abre novas oportunidades, pero require combater o idadismo, impulsar a aprendizaxe permanente e favorecer a colaboración interxeracional. A lonxevidade preséntase así como un reto social e económico, pero tamén como unha oportunidade para xerar novas formas de participación e innovación.