Xapón supera por primeira vez as 100.000 persoas centenarias nun contexto de envellecemento demográfico

O Ministerio de Saúde, Traballo y Benestar informou de que por primeira vez as persoas centenarias superan a barreira das 100.000, con 7914 máis respecto ao ano anterior.

Xapón alcanzou un novo récord con 107.677 persoas de 100 anos ou máis, unha cifra que continúa unha tendencia de crecemento iniciada hai máis de cinco décadas. O aumento da lonxevidade, impulsado polas melloras sanitarias e nas condicións de vida, convive co reto dunha poboación cada vez máis envellecida e con menos persoas en idade laboral. O país afronta agora o desafío de garantir máis anos de vida saudable, autonomía e atención adecuada para as persoas maiores.

Envellecemento
Fonte externa