Galicia rexistra o maior descenso da natalidade de España no primeiro semestre do ano

Só dúas comunidades autónomas máis sofren unha baixada nos nacementos ata o mes de xullo: Canarias (-1,92%) e Castela-A Mancha (-0,5%). 

En xullo producíronse en Galicia 1142 nacementos, un 2,5% menos que no mesmo mes que o ano anterior.

Galicia rexistrou 7495 nacementos entre xaneiro e xullo de 2026, un 3,5 % menos ca no mesmo período do ano anterior, segundo o INE. Trátase do maior descenso entre as comunidades autónomas, fronte ao incremento medio estatal do 1,39 %. Pola súa banda, as defuncións diminuíron un 1,47 %, ata as 19.446, polo que a evolución demográfica continúa marcada polo saldo vexetativo negativo.

Natalidade
Fonte externa