Hai só novo anos que este país asiático incrementou de un a dous o límite de nacementos por parella.
En 2024, a poboación chinesa contraeuse en 1,39 millóns de persoas.
O Goberno chinés puxo en marcha un conxunto de reformas legais e incentivos económicos para frear a caída demográfica, tras décadas de control estrito da natalidade que derivaron nun acusado descenso de nacementos e matrimonios. As novas medidas inclúen axudas directas por crianza, ampliación da cobertura sanitaria no parto e unha lei para abaratar e estandarizar o coidado infantil, co fin de reducir a presión económica sobre as familias. Porén, persoas expertas advirten que estes estímulos non abondan para reverter unha tendencia marcada tamén por cambios sociais, culturais e pola diminución das mulleres en idade fértil. O Executivo enfróntase así ás consecuencias estruturais da política do fillo único, nun contexto no que a demografía xa non responde a decretos nin a subvencións.