A Xunta crea o Rexistro Galego de Persoas Centenarias para impulsar a investigación sobre a lonxevidade

Galicia avanza no estudo da lonxevidade cun novo rexistro orientado a mellorar o coñecemento científico sobre o envellecemento e a calidade de vida na comunidade autónoma.

Galicia conta con preto de 1.800 persoas centenarias, arredor do 12 % do total existente en España, unha realidade que sitúa a comunidade como un referente no estudo da lonxevidade. Co obxectivo de analizar os factores asociados a unha maior esperanza de vida e favorecer un envellecemento máis saudable, a Xunta impulsou o Rexistro Galego de Persoas Centenarias (Regace). A iniciativa pretende facilitar a investigación sobre os determinantes da lonxevidade e contribuír ao deseño de políticas públicas baseadas na evidencia científica e foi anunciada polo conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Camaaño na presentación do libro Galicia Vive+. 

Doce especialistas participaron na realización deste libro, cuxa presentación celebrouse no Hostal dos Reis Católicos, e destacan a relevancia da prevención, dos hábitos de vida saudables e da investigación multidisciplinar para mellorar a calidade de vida da poboación de maior idade.

Envellecemento
Outros
Fonte externa