O peso das persoas xubiladas sobre a poboación activa duplicarase na Unión Europea, segundo os datos de Eurostat

As novas proxeccións demográficas de Eurostat anticipan un acusado proceso de envellecemento na Unión Europea, con importantes consecuencias para a estrutura da poboación e o equilibrio entre persoas activas e xubiladas.

As proxeccións de Eurostat indican que a Unión Europea afrontará un intenso proceso de envellecemento demográfico caracterizado pola redución da poboación nova e en idade de traballar e polo incremento das persoas de 65 ou máis anos. 

A relación entre poboación activa e xubilada diminuirá de forma significativa, pasando de arredor de dez persoas en idade laboral por cada tres maiores a dez por cada seis ao remate do século. A evolución estará marcada pola baixa natalidade, o aumento da esperanza de vida e a chegada á xubilación das xeracións do baby boom

Envellecemento
Fonte externa