A Cidade da Cultura acolle a Xornada de Conclusións do X Congreso Internacional Dependencia e Calidade de Vida

A xornada, organizada pola Fundación Edad & Vida, celébrase o 16 de xullo ás 10.30 h no Edificio CINC. 

O programa “Do coñecemento ás persoas” busca trasladar ás comunidades as conclusións do X Congreso Internacional Dependencia e Calidade de Vida, co obxectivo de avanzar nunha integración sociosanitaria máis efectiva. A iniciativa pretende xerar espazos de diálogo sobre prevención, sustentabilidade e atención centrada nas persoas para afrontar os retos presentes e futuros do sistema asistencial.

Envellecemento
Fonte externa