Un novo informe europeo analiza a evolución demográfica da UE e as súas consecuencias para o mercado laboral, os sistemas de coidados e o desenvolvemento económico.
A Comisión Europea vén de publicar o seu terceiro informe sobre a transformación demográfica na Unión Europea, no que sinala que a poboación comunitaria iniciará un progresivo descenso ao tempo que continuará o proceso de envellecemento.
O documento prevé unha redución da poboación ata finais de século e un incremento significativo do peso das persoas maiores, o que intensificará a presión sobre o mercado laboral, os sistemas sanitarios, os servizos de coidados e as finanzas públicas. Ao mesmo tempo, destaca que o aumento da esperanza de vida e a denominada economía da lonxevidade poden abrir novas oportunidades de innovación e crecemento.
O informe tamén subliña a necesidade de impulsar a participación laboral, mellorar a cualificación da poboación activa e apoiar a migración cualificada como ferramentas para facer fronte á diminución da poboación en idade de traballar e garantir a sustentabilidade económica e social da Unión Europea.