O Concello de Ribeira amplía o seu programa de envellecemento activo

Nesta nova edición, que comeza o 5 de outubro, incorpóranse novas actividades.

O programa é de balde e está destinado a persoas de 60 anos ou máis. 

O Concello de Ribeira prepara unha nova edición do seu programa de dinamización para persoas maiores, que no curso 2026-2027 ampliará a súa duración e ofrecerá oito obradoiros distintos. A programación combinará actividades de estimulación cognitiva, exercicio adaptado, artes plásticas, lingua e cultura galega, inglés, taek-health e recuperación de cantares e tradicións. Ademais, as propostas desenvolveranse en varias parroquias e completaranse con saídas culturais. A iniciativa, que no curso anterior reuniu arredor de medio milleiro de participantes, busca favorecer un envellecemento activo e reforzar a participación social.

Envellecemento
Fonte externa