Un servizo itinerante levará atención sociosanitaria aos municipios navarros en risco de despoboamento

O proxecto "En ruta frente a la despoblación" ten como obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores.

A realidade navarra está marcada pola dispersión poboacional e a necesidade de implantar recursos estables de atención sociosanitaria nos 188 municipios que contan con menos de 1000 habitantes. 

O Goberno de Navarra puxo en marcha o proxecto piloto “En ruta frente a la despoblación”, un servizo itinerante que levará atención sociosanitaria e comunitaria a persoas maiores de municipios rurais con alta dispersión poboacional. A iniciativa, impulsada xunto coa Fundación Solera e os concellos de Basaburua, Imotz, Atetz e Ultzama, ofrecerá fisioterapia, terapia ocupacional, estimulación cognitiva, apoio psicolóxico e asesoramento en accesibilidade e coidados. Cun orzamento de máis de 76.000 euros, o programa busca favorecer un envellecemento activo, detectar situacións de vulnerabilidade e garantir que vivir nunha aldea non implique menor acceso a servizos esenciais.

Despoboamento
Fonte externa