Os concellos rurais de Ourense buscan novas fórmulas para frear a perda de poboación e revitalizar o territorio

Máis do 60% dos municipios da provincia de Ourense continúan perdendo poboación.

Rexedores destes municipios demandan maior autonomía municipal para afrontar o reto do despoboamento.

Os municipios rurais ourensáns apostan por medidas ligadas ao emprego, a conciliación, a tecnoloxía e os servizos de proximidade para combater a despoboamento. Os responsables locais sinalan que a falta de oportunidades laborais, mobilidade e equipamentos son os principais obstáculos, pero defenden o rural como un espazo con potencial para atraer poboación. Iniciativas como aldeas de emprendemento, apoio ao sector primario e novos servizos buscan construír un futuro sostible para estes territorios.

Despoboamento
Fonte externa