Un informe sinala a dispersión poboacional galega como causa das dificultades de acceso a determinados servizos públicos

A Secretaría Xeral para o Reto Demográfico elaborou o informe Funcionalidad territorial y delimitación de áreas para el seguimiento del reto demográfico en España, tras analizar case 37.000 núcleos de poboación de toda España.

O 39 % da poboación galega reside en núcleos sen equipamentos educativos nin sanitarios públicos, a porcentaxe máis elevada de España, segundo un estudo do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. A elevada dispersión territorial obriga a desprazarse a outras localidades para acceder a servizos básicos e acentúa a dependencia do vehículo privado, especialmente no interior. O informe advirte de que esta situación afonda nas desigualdades e reclama políticas de transporte que prioricen tamén a cohesión social e territorial.

Despoboamento
Fonte externa