Ourense acolle unha xornada para analizar os retos de Galicia no ámbito dos coidados

A xornada celébrase o 2 de xullo no campus ourensán.

O encontro reunirá representantes institucionais, persoal universitario, entidades sociais e profesionais para debateren novos compromisos sociais e públicos neste ámbito.

O proxecto IBERLONGEVA, a Universidade de Vigo e o CENIE presentan en Ourense o estudo «El Derecho al Cuidado y la Economía de los Cuidados en España». No acto analizaranse os retos específicos de Galicia arredor dos coidados, o territorio e o futuro das sociedades lonxevas. A programación incluirá a presentación das conclusións do estudo e un diálogo sobre o paso do diagnóstico ás medidas necesarias para reforzar o dereito ao coidado.

Envellecemento
Fonte externa