Os Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo acollen case 300 persoas

Trátase dun modelo pioneiro de pequenas residencias de proximidade que evitan o desarraigo.

A rede de Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo consolídase como un modelo público de residencias pequenas e de proximidade, que permite ás persoas usuarias seguiren vinculadas á súa contorna. Desde a súa posta en marcha en 2019, os CAM acollen xa case 300 persoas en nove centros de pequenos concellos, cunha oferta que combina atención residencial, envellecemento activo e actividades de lecer. A Deputación prevé duplicar a rede até chegar a 18 centros e asumirá integramente a diferenza entre o custo do servizo e as achegas das persoas residentes, sen cargar esa parte aos municipios.

Envellecemento
Fonte externa