Unha investigación realizada en Galicia propón os requisitos que deben cumprirse para identificar áreas de lonxevidade extrema

A investigación publicouse en Aging and Disease, unha prestixiosa revista internacional, e incorpora por primeira vez parámetros demográficos e epidemiolóxicos.

Persoal investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e das universidades de Santiago e Vigo propoñen novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema, nas que se concentra unha elevada proporción de persoas centenarias. O estudo sinala que non abonda con contabilizar os maiores de 100 anos, senón que cómpre incorporar indicadores demográficos e epidemiolóxicos, así como fontes como as historias clínicas. Ademais, estas zonas deberían ser avaliadas periodicamente, xa que os cambios demográficos ou nos estilos de vida poden modificar a súa condición.

Envellecemento
Fonte externa