A 36.ª edición do Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría terá como lema «Vivir máis, vivir mellor: dignidade, dereitos e coidado na lonxevidade».
Terá lugar os días 22 e 23 de maio no Pazo de San Marcos
Lugo acollerá os días 22 e 23 de maio o XXXVI Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que se presentou no Pazo de San Marcos coa participación de representantes institucionais e da entidade organizadora. Baixo o lema «Vivir máis, vivir mellor: dignidade, dereitos e coidado na lonxevidade», o encontro reunirá arredor de 70 especialistas para analizar os retos dunha sociedade cada vez máis envellecida. O programa abordará cuestións como a promoción da saúde, a loita contra o idadismo e os modelos de atención centrados na persoa. A cita aspira a consolidarse como foro de referencia para repensar o envellecemento desde unha perspectiva inclusiva e innovadora.