España é, xunto a Italia e Suecia, líder en esperanza de vida en Europa
Esperanza de vida

En 2024 alcanzáronse os 84 anos de media en España. Ademais, sitúase como un dos países máis envellecidos do continente.

O estudo «Formación, transición digital y calidad de vida de los mayores en España» da Fundación BBVA alerta que vivir máis non sempre vai acompañado dunha boa calidade de vida.

A esperanza de vida en España acada xa os 84 anos e sitúa o país á cabeza da UE. Malia isto, o estudo da Fundación BBVA advirte de que máis da metade dos anos posteriores aos 65 se viven con limitacións funcionais. A análise mostra un aumento sostido da lonxevidade, acompañado dunha maior proporción de tempo con discapacidade, especialmente no caso das mulleres. O informe subliña que o reto demográfico non reside só en prolongar a vida, senón en garantir a saúde, a autonomía e a participación social das persoas maiores, e reclama a necesidade de reforzar a prevención, o envellecemento activo, os servizos de coidados e a formación continua para mellorar o benestar na vellez e reducir as desigualdades de xénero.

Envellecemento
Fonte externa