Publicacións

Share icon
Informe sobre la situación demográfica de Galicia
Informe sobre a situación demográfica de Galicia

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en novembro de 2023. O informe analiza de forma extensa ao longo de  seis capítulos os aspectos fundamentais da situación demográfica de Galicia, tendo unha parte final dedicada a unha análise DAFO-CAME e varios Anexos.

Consonte coa misión do Observatorio téntase achegar unha resposta a preocupación polas dinámicas demográficas non só dos xestores públicos e privados senón tamén dun cada vez máis amplo sector da cidadanía galega. Quérese avanzar na interpretación e alcance dos comportamentos demográficos, evitando as visións curtopracistas .

Un Informe das características do aquí presentado nútrese en boa medida das fontes de datos e indicadores elaborados polo IGE (Instituto Galego de Estatística) e polo INE (Instituto Nacional de Estadística), e tamén da recompilación das distintas series elaboradas por consellerías e organismos da Xunta de Galicia e por entidades provinciais e locais así como por diversos organismos ministeriais do Goberno de España. Da súa utilización, e da inclusión puntual dalgunha outra fonte de datos como Eurostat, dáse conta nos distintos epígrafes.

Autor: Observatorio Galego de Dinamización Demográfica | Ano: 2023
Incidencia da actual crise sociosanitaria sobre a dinámica demográfica en Galicia
Incidencia da actual crise sociosanitaria sobre a dinámica demográfica en Galicia: Informe que presenta ao Parlamento de Galicia o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, xaneiro de 2021

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica elaborou este informe que presentou ao Parlamento de Galicia en xaneiro de 2021 no que se fai unha diagnose da nosa dinámica poboacional. Este informe complementouse cun segundo documento co título Galicia perspectivas demográficas, (Segunda parte.-Análise DAFO e CAME) que buscaba ofrecer unha serie de conclusións axustadas á realidade demográfica de Galicia. No citado traballo quedou patente que Galicia, como o conxunto de España, completou hai décadas o seu proceso de transición demográfica e segue a estar inmersa na serie de transformacións características da segunda transición demográfica ligada ao incremento da mobilidade e a importantes cambios sociais, económicos e de valores. Neste contexto de profundas transformacións sitúase a pandemia da Covid-19 con indicadores de recesión que non se coñecían desde hai moitas décadas. O informe reflexiona sobre a necesidade de que este cambio non pode ser puramente tecnolóxico, senón que ten que ir acompañado dun cambio educativo e cultural, como se reclama desde moi diversas instancias.

Autor: Observatorio Demográfico de Galicia ; Coordinadora: María Xosé Rodríguez Galdo... [et al.] | Ano: 2022
Galicia, perspectivas demográficas
Galicia, perspectivas demográficas: Informe aprobado polo Pleno do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica en xullo de 2018

Informe elaborado polo Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, coordinado por María Xosé Rodríguez Galdo e aprobado polo Pleno do Observatorio en xullo de 2018. O informe, estruturado en dúas partes, analiza polo miúdo os procesos do cambio demográfico en Galicia, polo que adquire especial relevancia a inclusión de todos aqueles aspectos relacionados coa súa modernización social e demográfica.

Autor: Observatorio Demográfico de Galicia ; Coordinadora: María Xosé Rodríguez Galdo... [et al.] | Ano: 2022