Composición
O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica terá a seguinte composición, que procurará unha participación equilibrada de mulleres e homes:
Presidencia.
A Presidencia do Observatorio Galego de Dinamización Demográfica correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de benestar social.
Nos casos de vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal, a persoa titular da Presidencia será substituída pola titular da Vicepresidencia, salvo que, por vacante, ausencia, enfermidade ou outra causa legal de ambas as dúas, a persoa titular da presidencia designe outra persoa entre as titulares das vogalías do observatorio.
Vicepresidencia.
A vicepresidencia do Observatorio será exercida pola persoa que propoña o pleno de entre aquelas que, formando parte del, non representen ningunha consellería ou organismo autonómico, a Administración central ou os grupos parlamentarios.
Secretaría.
A secretaría do Observatorio será desempeñada de forma rotatoria e cunha periodicidade semestral por unha persoa funcionaria pertencente ao Consello Económico e Social de Galicia e por outra persoa funcionaria pertencente á Consellería de Política Social.
- Vogais:
- Un/unha vogal, con rango mínimo de xefatura de servizo, designado/a en representación dos órganos dependentes da Presidencia e un/unha representante por cada unha das consellerías da Xunta de Galicia
- Unha persoa en representación do Consello Galego de Relacións Laborais.
- Unha persoa en representación do Instituto Galego de Estatística (IGE).
- Unha persoa en representación da Delegación do Goberno en Galicia.
- Unha persoa en representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
- Unha persoa en representación de cada unha das tres universidades galegas.
- Un número de persoas equivalente ao de representantes sindicais en representación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
- Unha persoa en representación de cada unha das organizacións sindicais intersectoriais máis representativas de Galicia, así como das presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas que non teñan a condición de máis representativas.
- Unha persoa en representación de cada un dos grupos constituídos no Parlamento de Galicia ao inicio de cada lexislatura.
- Unha persoa en representación do Consello Económico e Social de Galicia.
- Dúas persoas expertas de recoñecido prestixio no campo da demografía.
- Unha persoa en representación do órgano superior da Xunta de Galicia con competencias en materia de igualdade.