A Xunta de Galicia convoca as axudas económicas do programa Bono Concilia Familia 2026

A convocatoria ten como obxectivo apoiar as familias en momentos puntuais de necesidade de conciliación e durante os períodos vacacionais.

O prazo permanecerá aberto ata o 9 de outubro ás 14.00.

A Consellería de Política Social e Igualdade convoca o Bono Concilia Familia 2026, destinado a apoiar as familias ante necesidades puntuais de coidado de menores e durante os períodos de vacacións escolares. As axudas cubrirán parte ou a totalidade dos gastos de servizos de atención infantil, segundo o tipo de familia, con límites de ata 500 euros por unidade familiar ou 200 euros por menor. O prazo de solicitude estará aberto ata o 9 de outubro de 2026 e a tramitación será exclusivamente electrónica.

Natalidade
Fonte externa