Unha investigación internacional vincula as desigualdades sociais cun envellecemento funcional máis precoz en Brasil

Un estudo internacional identifica importantes diferenzas no inicio da perda de funcionalidade entre Brasil e Europa e relacionaas coas desigualdades socioeconómicas.

Un estudo publicado na revista PLOS One, no que participaron investigadores de Brasil e España, conclúe que o deterioro funcional asociado ao envellecemento aparece, de media, unha década antes en Brasil ca en Europa. A análise, baseada en datos de máis de 30.000 persoas maiores de 50 anos, revela diferenzas en indicadores como a mobilidade, a vitalidade, a saúde mental, a función cognitiva e a capacidade sensorial. 

Os autores atribúen este adianto ás desigualdades sociais, especialmente ao menor nivel educativo e de ingresos, factores que favorecen unha maior incidencia de enfermidades crónicas e unha perda máis temperá da autonomía. O estudo defende adaptar as estratexias de envellecemento saudable ás características socioeconómicas de cada territorio para reducir estas desigualdades.

Envellecemento
Fonte externa