O estudo, realizado polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana, amosa un mapa poboacional con fortes contrastes territoriais, no que o noroeste peninsular se perfila como o territorio máis castigado pola perda de poboación e o envellecemento.
A «xeración soporte», persoas de entre 30 y 49 anos, clave para a actividade económica, a reprodución demográfica e a vida social nos territorios, minimizouse ata tal punto que o futuro nas zonas rurais está comprometido.
Asturias aparece entre os territorios máis golpeados pola crise demográfica do rural, segundo un estudo estatal que sitúa o noroeste peninsular á cabeza da perda de poboación e do avellentamento. O informe advirte de que a redución da chamada “xeración soporte”, clave para soster a actividade económica, a vida social e a reposición xeracional, compromete seriamente o futuro de amplas áreas do interior. A investigación subliña, ademais, que nin a inmigración nin a creación de emprego abondan, por si soas, para reverter esta dinámica.