A taxa de natalidade en Finlandia sofre un forte descenso malia o seu estado de benestar
Natalidade

En 2024 a taxa de fertilidade do país foi de 1,25
O Executivo finlandés defende que só unha combinación sostida de políticas poderá frear o declive demográfico.

Finlandia encara unha forte caída da natalidade, con cifras que descenden dende hai décadas e que ameazan o equilibrio social e económico do país. A pesar dun sistema de benestar avanzado, o número de primeiros nacementos diminúe e medra a proporción de persoas que non teñen descendencia. O Goberno identifica múltiples factores culturais, laborais e relacionais que explican o fenómeno e admite que non existe unha causa única nin unha solución simple. Un informe oficial propón unha vintena de medidas que van dende incentivos económicos e melloras na conciliación até accións para coñecer as expectativas da mocidade e reforzar a saúde reprodutiva. 

Natalidade
Fonte externa