Segundo varias predicións, fréase o progreso da esperanza de vida
Rapazada

Un estudo publicado na revista PNAS sobre 23 países con ingresos altos indica que freou significativamente o aumento da esperanza de vida por cohorte para as xeracións nadas entre 1939 e 2000. Mentres que as xeracións nadas entre 1900 e 1938 experimentaron incrementos de cinco meses e medio por xeración, as posteriores só gañan entre dous e tres meses e medio. Os investigadores conclúen que ningunha destas xeracións alcanzará os 100 anos de media, debido a que as melloras pasadas derivaban principalmente da redución da mortalidade infantil, e os avances actuais entre adultos e maiores non compensarán esta desaceleración. 

Natalidade
Fonte externa