Santiago de Chile acolle a Sexta Reunión da Mesa Directiva da Conferencia Rexional sobre Poboación e Desenvolvemento de América Latina e o Caribe
No marco desta reunión, presentouse o informe anual Observatorio Demográfico 2025 - América Latina y el Caribe ante la baja fecundidad: tendencias y dinámicas emergentes.
Os países participantes neste encontro, celebrado en Santiago de Chile, recoñeceron os avances na aplicación do Consenso de Montevideo, mais reclamaron reforzar os esforzos fronte á baixa fecundidade, o envellecemento demográfico e a exclusión das persoas con discapacidade. Así mesmo, salientaron a necesidade de avanzar cara a unha “sociedade do coidado”, que recoñeza e redistribúa este labor esencial e instaron a impulsar políticas inclusivas e sostibles que garantan os dereitos de toda a poboación.
Fonte: CEPAL
Envellecemento
Natalidade
Fonte externa
Novas relacionadas