A provincia de Zamora sitúase á cabeza na perda de poboación en España
Despoboamento

Esta é unha das conclusións do estudo La España de los 50 millones de habitantes. Análisis de los cambios demográficos que determinarán la economía española en las próximas décadas.

Un estudo recente sobre a evolución demográfica do Estado advirte de que Zamora se atopa entre os territorios máis afectados pola perda de poboación, o afundimento da natalidade e un envellecemento extremo que comprometen o seu futuro económico e social. O informe sitúa a provincia á cabeza dos peores indicadores, cun saldo vexetativo negativo continuado, a maior caída de nacementos e a proporción máis alta de persoas maiores, fronte ao crecemento concentrado noutras áreas do país. As conclusións reclaman actuar con urxencia desde políticas públicas coordinadas que aborden de maneira conxunta natalidade, migración, mercado laboral e equilibrio territorial, para evitar que a espiral de despoboamento se volva irreversible.

Despoboamento
Envellecemento
Fonte externa