Portugal alcanza o maior número de nacementos da última década no ano 2025
Test do pezinho

Os denominados "testes do pezinho", probas que se lles realizan aos neonatos, alcanzaron os 87.708, 3077 máis que o ano anterior.

Os datos do Programa Nacional de Rastrexo Neonatal amosan que Portugal acadou en 2025 o maior número de nacementos da última década. O aumento reflíctese no incremento de probas realizadas ao nacer, con especial concentración en Lisboa, O Porto e Braga. Porén, persoas expertas advirten de que esta tendencia non garante a renovación xeracional, debido ao peso da inmigración no total de partos. O test permite detectar doenzas tratables de forma temperá e practícase case de maneira universal.

Natalidade
Fonte externa