O Instituto Santalucía publica un informe que aborda os riscos do envellecemento no crecemento da economía
Portada do informe

Juan Francisco Jimeno é o autor do informe ‘Demografía y productividad: cómo el envejecimiento de la población condiciona el crecimiento económico’

O informe presentado polo Instituto Santalucía analiza como o descenso da natalidade e o aumento da esperanza de vida reducen a proporción de persoas en idade activa e frean o avance do PIB per cápita, ao converter o antigo “dividendo demográfico” nun factor negativo. A investigación evidencia un relevo laboral cada vez máis complexo, unha forza de traballo envellecida e un impacto directo na produtividade, condicionada polo “efecto composición” e pola interacción entre cambios demográficos e tecnolóxicos. Como resposta, o estudo salienta a necesidade de elevar de maneira sostida a produtividade, fortalecer a complementariedade interxeracional, integrar plenamente o talento inmigrante e reforzar as alianzas entre sistema educativo e tecido empresarial.

Envellecemento
Fonte externa