A Generalitat Valenciana abre o trámite de información pública do seu plan para o reto demográfico
O Plan integral para o reto demográfico 2026-2030 ten como obxectivo coordinar actuacións, medidas e prazos para reforzar a cohesión territorial da Comunidade Valenciana.
A Generalitat Valenciana abriu o trámite de información pública do Plan integral para o reto demográfico 2026-2030, co que pretende coordinar medidas concretas para reforzar a cohesión territorial e combater o despoboamento. O documento concíbese como unha estratexia transversal, baseada na cooperación entre administracións, concellos, deputacións e ámbito académico. Durante quince días, desde o 8 de maio, institucións, entidades e cidadanía poderán presentar alegacións, suxestións e observacións.
Fonte: Generalitat Valenciana
Despoboamento
Fonte externa
Novas relacionadas