A esperanza de vida das mulleres galegas sitúase nos 87 anos
Só en seis comunidades e rexións europeas a lonxevidade media das mulleres supera a das galegas.
A media entre homes e mulleres alcanza en Galicia os 84,2 años, o que a sitúa no posto 20.º de Europa.
Segundo datos de Eurostat, a esperanza de vida das mulleres en Galicia sitúase nos 87 anos, unha das máis altas de Europa, só superada en seis rexións como Madrid, Castela e León, Navarra ou o País Vasco. Pola contra, os homes galegos teñen unha esperanza de vida menor (81,3 anos), o que os coloca no posto 41 europeo. En conxunto, a media galega alcanza os 84,2 anos, o que sitúa a Galicia no posto 20 de Europa en lonxevidade.
Fonte: La Voz de Galicia
Envellecemento
Fonte externa