En 326 parroquias galegas non reside ninguén menor de 16 anos
Despoboamento

A Veiga é o  concello que suma un maior número de parroquias sen menores de 16 anos, seguido de Chandrexa de Queixa e Viana do Bolo, os tres na provincia de Ourense. 

Os datos actualizados do Nomenclátor do INE revelan un acusado envellecemento en centos de parroquias galegas, ata o punto de que en 326 non reside ningunha persoa menor de 16 anos e noutras 749 a infancia non chega ao 5% da poboación. A situación concéntrase sobre todo en Ourense e Lugo, con casos extremos como tres parroquias habitadas unicamente por maiores de 65 anos e varias con apenas un ou dous residentes. A Veiga encabeza a listaxe de concellos con máis entidades sen relevo xeracional. Estes contrastes evidencian a fenda demográfica entre áreas urbanas densamente poboadas e un rural cada vez máis avellentado.

Despoboamento
Fonte externa