A Deputación de Ourense e o Goberno de España asinan un convenio para deseñar políticas demográficas
O convenio entre o ente provincial e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico debaterase no pleno.
O Ministerio contribuirá con 510.000 euros e a Deputación, con 340.000.
A Deputación de Ourense someterá a debate un convenio co Ministerio para a Transición Ecolóxica orientado a loitar contra o despoboamento rural. O acordo intégrase na estratexia estatal nacida tras a Declaración de Somiedo e permitirá incorporar Ourense á rede de centros de innovación territorial. A iniciativa céntrase no impulso de estudos e proxectos e o investimento previsto ascende a 850.000 euros, repartidos entre ambas as dúas administracións ao longo de catro anos.
Fonte: La Voz de Galicia
Despoboamento
Fonte externa
Novas relacionadas