A demografía está a mudar o mercado inmobiliario en Italia

A elevada porcentaxe de persoas maiores que viven soas repercute no incremento de inmobles baleiros.

O envellecemento da poboación en Italia está a provocar un aumento das persoas que viven soas, o que repercute no mercado inmobiliario cun incremento notable dos inmobles baleiros e en desuso. En só unha década, estes creceron case un 57 %, superando os 692.000. Esta situación podería favorecer o aumento da convivencia como medida para combater a soidade, especialmente na terceira idade.

Envellecemento
Fonte externa