A taxa media de fecundidade alcanzou os 1,34 fillos por muller, lonxe do mínimo de 2,1 necesario para garantir o remprazo xeracional.
Europa afronta unha crise demográfica marcada pola baixa fecundidade e polo envellecemento da poboación, con efectos xa visibles no peche de escolas, na perda de habitantes e na presión sobre os sistemas de pensións e saúde. Os organismos internacionais advirten de que o problema non responde só a unha menor vontade de ter fillas ou fillos, senón ás dificultades económicas, laborais e de vivenda que condicionan os proxectos familiares. Cunha taxa de fecundidade moi por baixo do relevo xeracional, as proxeccións apuntan a unha forte redución da poboación europea até finais de século. Fronte a este escenario, especialistas reclaman políticas de apoio ás familias, igualdade, coidados e estabilidade laboral.