China ten, por vez primeira, máis maiores de 65 anos que nenos
  • O 15'9% da poboación supera esa idade, fronte ao 15'25% de menores de 14 anos
  • O Goberno do país asiático lanza novas políticas para fomentar a maternidade

 

 

Malia que a diferenza entre porcentaxes semella pequena, o simbolismo é forte. Implica que a segunda economía do planeta cruzou unha fronteira demográfica que transforma as pensións, o crecemento económico e o consumo, entre outros aspectos. 

Para reverter a situación, o Goberno de China impulsa medidas para aumentar a natalidade. Unha delas é desvincular a maternidade do matrimonio, de tal xeito que o país concede máis dereitos ás mulleres solteiras que queiran ter fillos. É unha idea que desafía as normas tradicionais dunha sociedade conservadora. 

 

Natalidade
Fonte externa