Chile rexistra, por vez primeira, unha taxa de fecundidade inferior a un fillo por muller
A crise de natalidade agravouse ata situar ao país sudamericano á cola mundial, son só 146.446 nacementos anuais
A natalidade en Chile caeu máis dun 45% de 1993 a 2025. Entre as razóns desta caída está o retraso da maternidade ata os 30 anos.
Ante esta situación, o presidente do país, José Antonio Kast, anunciou un bono por fillo de cero a 13 anos para máis do 80% da poboación vulnerable. Por outra parte, o mandatario comprometeuse a entregar unha asignación universal por fillo nacido. Parte dos cartos serán para a nai e outra parte será para unha conta de aforros a nome do recén nacido.
Fonte: El País
Natalidade
Fonte externa