O día 31 de marzo conmemórase este día que ten como obxectivo darlles visibilidade aos desafíos demográficos do municipios rurais.
Con motivo do Día Europeo contra o Despoboamento, a Fundación Cepaim puxo o foco nos retos demográficos que afrontan os territorios rurais e na necesidade de garantir igualdade de oportunidades e cohesión territorial. A entidade advirte de que o desequilibrio entre territorio e poboación implica perda de servizos, debilitamento das comunidades e limitacións para o desenvolvemento vital das novas xeracións. Ademais, subliña que o fenómeno afecta ao conxunto da sociedade, ao intensificar tamén as tensións nas cidades. Fronte a isto, reivindica o potencial do medio rural como espazo de innovación, diversidade e sustentabilidade, no que a poboación migrante desempeña un papel clave.