Begonte rexuvenece o seu censo grazas á estratexia do Concello para atraer poboación
Vivir en Begonte

Entre outras iniciativas, lanzou unha web que funciona como un escaparate para dar a coñecer o municipio. 

Mantense nos 3000 habitantes e baixou a media de idade.

O Concello de Begonte mantén estable a súa poboación e rexuvenece o seu censo grazas a unha estratexia sostida para atraer e fixar veciñanza nova, baseada na mellora de servizos e na posta en valor do territorio. A creación da web «Vivir en Begonte» funciona como escaparate do mercado inmobiliario e da calidade de vida local, cunha mensaxe clara a favor do asentamento no rural. A boa conexión viaria, os servizos básicos garantidos, a oferta educativa, a conciliación familiar e unha programación cultural e deportiva ampla configuran un modelo que busca ofrecer condicións equiparables ás urbanas. O concello aposta así por converter o rural nun espazo atractivo para vivir, non só para quen chega, senón tamén para quen xa reside nel.

Despoboamento
Envellecemento
Fonte externa