Unha nova ferramenta permite explorar a evolución da poboación en diferentes países
Recolle os datos de World Population Prospects 2024 da ONU e a cartografía de OpenStreetMap.
A ferramenta Demographic Profiles permite explorar de maneira visual a evolución da poboación de distintos países entre 1953 e 2023 a partir de datos das Nacións Unidas. A aplicación combina nunha mesma infografía a estrutura por idades e sexo, a mortalidade e a distribución da fecundidade, o que facilita comparar territorios e etapas históricas. A representación permite identificar con rapidez fenómenos como o avellentamento, o peso das xeracións máis novas ou os cambios nos patróns de maternidade. Así, décadas de transformacións demográficas quedan condensadas nun recurso interactivo que facilita a súa análise e comprensión.
Fonte: Micosiervos
Outros
Fonte externa
Novas relacionadas