O devandito crecemento débese ao incremento de persoas que nacen no estranxeiro, que supoñen 115 389 máis.
Pola súa banda, as persoas nacidas no territorio español diminuíron en 9901 respecto ao trimestre anterior.
A poboación residente en España acada un novo máximo histórico ao superar os 49,4 millóns de habitantes, tras medrar en máis de 105 000 persoas no terceiro trimestre de 2025. O aumento débese ao forte impulso demográfico das persoas nacidas no estranxeiro, que compensan a continua caída da poboación autóctona. O número de inmigrantes segue en ascenso, con especial presenza de persoas procedentes de Colombia, Marrocos, Venezuela e Perú, mentres tamén medran as adquisicións de nacionalidade española. Todas as comunidades gañan poboación, aínda que o maior incremento se rexistra na Comunidade Valenciana e en Aragón.