O peso do traballo das persoas migrantes representa en Galicia o 7,5% do total de afiliación á Seguridade Social

Aínda así, a porcentaxe en Galicia é menor que no resto do Estado, onde alcanza unha media de case o 15 %.

O colectivo máis numeroso é o de Venezuela, ao medrar o seu número en case un 1.500 % na última década.

A afiliación estranxeira á Seguridade Social acadou en Galicia un novo máximo histórico, con máis de 82.600 persoas traballadoras en abril e un peso xa do 7,5 % sobre o total. O incremento, impulsado sobre todo pola poboación procedente de América Latina, converte as persoas migrantes nun factor cada vez máis decisivo para o mercado laboral galego, até o punto de representar un terzo do emprego creado no último mes. Venezuela, Portugal, Colombia, Perú e Marrocos figuran entre as principais procedencias, mentres que a hostalaría, o comercio, o transporte e a industria concentran boa parte destas afiliacións.

Migración
Fonte externa