O número de persoas nacidas no estranxeiro en España xa supera os 10 millóns

Segundo datos do INE, España alcanzou os 49′5 millóns de habitantes. 

Colombia, Venezuela e Marrocos son, por esta orde, os tres principais países de procedencia da inmigración. 

España achégase aos 50 millóns de habitantes tras acadar, a comezos de 2026, os 49,57 millóns, segundo datos provisionais do INE. O incremento anual, superior ás 442.000 persoas, explícase polo aumento da poboación nacida no estranxeiro, que supera por primeira vez os dez millóns, mentres a natalidade continúa á baixa. As nacionalidades con máis chegadas foron a colombiana, a venezolana e a marroquí. Por territorios, a Comunidade Valenciana, Castela-A Mancha e Madrid rexistraron os maiores crecementos, en contraste co lixeiro descenso das Illas Baleares.

Migración
Fonte externa