O Ministerio francés de Sanidade porá en marcha 16 medidas para combater a baixa natalidade.
Escolleron persoas de 29 anos porque esta é a idade media na que as mulleres francesas teñen o seu primeiro embarazo.
Francia pechou 2025 cun saldo vexetativo negativo por primeira vez desde a Segunda Guerra Mundial, ao rexistrárense máis falecementos ca nacementos, o que levou o Goberno a activar 16 medidas para reforzar a saúde reprodutiva e apoiar a decisión de ter descendencia. Entre elas, enviaráselles información ás persoas de 29 anos sobre preservación da fertilidade e reprodución asistida, ademais de ampliárense os recursos públicos en conxelación de gametos, investigación e atención perinatal, nun contexto de atraso da maternidade e incremento dos problemas de infertilidade.