Se na década de 1950 a taxa de fertilidade media era de 5,6 fillos/as por muller, hoxe sitúase no 1,3.
O crecemento da poboación en Canadá manterase practicamente estancado en 2026, segundo o organismo orzamentario federal, nun contexto marcado pola baixa fecundidade e polo envellecemento da poboación. As análises sinalan que o aumento da poboación depende xa case exclusivamente da inmigración, mentres a taxa de natalidade, situada arredor de 1,3 fillos por muller, queda moi por baixo do nivel de substitución xeracional. Especialistas advirten de que esta tendencia, ligada ao custo da crianza e a cambios sociais, dificilmente se reverterá a curto prazo e obrigará a equilibrar as políticas migratorias coas necesidades do mercado laboral e dos servizos públicos.