O continente europeo perde poboación, peso xeopolítico e capacidade económica a un ritmo acelerado
Poboación rural

En 2025, a UE só representa o 5,5% da poboación mundial e o seu peso económico sitúase arredor do 14 % do PIB.
De seguiren as tendencias actuais, en 2100 Europa será o territorio máis envellecido do planeta.
 

Europa perde peso demográfico e económico nun contexto de forte envellecemento, baixa natalidade e dependencia crecente da inmigración, único factor que permite manter o incremento poboacional e soster o Estado do benestar. Existen tres bloques europeos con dinámicas diferenciadas (países en contracción demográfica, estados que crecen grazas ás migracións e territorios con natalidades máis altas) e ningún país avanzado consegue reverter o declive natalista sen incorporar poboación estranxeira. Ante o avance de discursos hostís ás migracións, pechar fronteiras agravaría a caída laboral e económica, mentres que políticas migratorias activas, integración plena e equilibrio territorial resultan imprescindibles para garantir prosperidade, cohesión social e sustentabilidade futura.

Despoboamento
Envellecemento
Migración
Natalidade
Fonte externa