O Concello Económico e Social (CES) presenta un informe sobre a realidade migratoria en España
Informe do CES

O Banco de España estima a contribución da inmigración á taxa do crecemento do PIB en España entre 2019 e 2024 nun 80 %.

O informe achega vinte conclusións e propostas entre as que destaca a necesidade dunha nova narrativa veraz fronte á desinformación e a manipulación do fenómeno migratorio en España.

O Consello Económico e Social (CES) de España presentou un informe exhaustivo sobre a inmigración que destaca a súa contribución esencial ao crecemento económico, á sustentabilidade do sistema de pensións e á produtividade no país. O estudo revela que a inmigración desempeña un papel crucial na economía española, cunha contribución significativa ao PIB e un impacto positivo na forza laboral, especialmente nas áreas de maior cualificación. A pesar dos beneficios económicos, o informe tamén alerta sobre a desinformación e os discursos de odio que alimentan estereotipos xenófobos, destacando a necesidade de adoptar unha narrativa veraz e inclusiva que mellore a integración social, política e cultural das persoas migrantes.

Migración
Fonte externa