As proxeccións de Eurostat apuntan a que España evitará a caída demográfica europea grazas á inmigración.
Segundo esta proxección, España podería rematar o século XXI con máis poboación, mentres toda a UE perde un de cada oito habitantes.
As novas proxeccións de Eurostat apuntan a unha Unión Europea en retroceso demográfico até 2100, aínda que España resistiría mellor ca outros grandes Estados grazas ao peso decisivo da inmigración. Segundo este escenario, a poboación española medraría lixeiramente a finais de século, mentres que sen saldo migratorio positivo caería case á metade. O estudo evidencia que a chegada de persoas migrantes será clave para soster o modelo produtivo e o Estado do benestar, aínda que non abondará para corrixir o envellecemento. Por iso, os datos obrigan a combinar políticas migratorias ordenadas con medidas de natalidade, vivenda, conciliación, coidados e equilibrio territorial.